Nós

Somos un lugar e unha actitude

Somos un lugar e unha actitude

NÓS

O noso refuxio. TactoContacto en esencia é un lugar e unha actitude na que non existen os prexuízos e na que a liberdade é fundamental. 

Formado por Aldara e Pablo, en TactoContacto tratamos adiccións en todas as súas expresións, xestión do estrés e ansiedade e desenvolvemento persoal.

Persoas que traballan con persoas de xeito que se cree un clima de confianza e liberdade que fai que te sintas mellor e que, dun xeito interno, traballemos para xestionar as emocións de xeito beneficioso. 

Sobra dicilo, encántanos o que facemos!

O noso refuxio. TactoContacto en esencia é un lugar e unha actitude na que non existen os prexuízos e na que a liberdade é fundamental. 

Formado por Aldara e Pablo, en TactoContacto tratamos adiccións en todas as súas expresións, xestión do estrés e ansiedade e desarrollo persoal.

Persoas que traballan con persoas de xeito que se cree un clima de confianza e liberdade que fai que te sintas mellor e que, dun xeito interno, traballemos para xestionar as emocións de xeito beneficioso. 

Sobra dicilo, encántanos o que facemos!

Coñece o corazón de TactoContacto

Coñece o corazón de TactoContacto

equipo

ESA SON EU…ALDARA… o CONTACTO…

Aldara esa son eu… Unha caixa apasionada…. Amo a miña profesión e o que ela representa que é mellorar a vida das persoas e así poder mellorar o mundo no que vivo. Crear conciencia, abrir fiestras e mirar a través delas. Creo nun mundo máis xusto, máis igualitario e máis solidario onde as persoas axuden a persoas sen perder o que son e o que aportan.Creo que esto ben desde nena aínda que para chegar a elo din unhas cantas voltas, que me axudaron a encontrar o meu sitio, xa que nacín nunha familia onde dar, cooperar e axudar as demais persoas era fundamental, por iso me formei en aprender a acompañalas e dotalas de ferramentas para vivir mellor e crear un mundo máis humano o seu arredor.Encántame un sin fin de cousas entre elas bailar, o mar, a natureza, compartir experiencias coas persoas que quero…
ESE SON EU…PABLO… o TACTO

Son Pablo, Educador Social, de profesión e de vocación. Experto en adiccións e procesos de cambio, un campo onde levo xa case trinta anos aportando e meu pequeno grao de área a mellora das persoas e familias  que quixeron darse unha oportunidade  e que confiaron  en min  para facer da súa vida un sitio mellor para ser habitado, lonxe  das substancias ou outras condutas aditivas.Son un pouco unha brúxula inquieta que nunca deixara de aprender e buscar o norte.Gústame ler, escribir, pintar árbores, a natureza, o mar e mirar o lume papando moscas.

Catro das razóns polas que podes escollernos.

Catro das razóns polas que podes escollernos.

Por que escollernos?

Queremos axudarte

Espazo seguro

Cercanía

Experiencia

FORMAS PARTE ACTIVA DO PROCESO

FORMAS PARTE ACTIVA DO PROCESO